OS NOSOS SERVIZOS:
CURSOS OFICIAIS DE TEMPO LIBRE. MONITOR, DIRECTOR e DIRECTOR DE CAMPOS DE TRABALLO.
CURSO DE MONITORES DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE.
PREZO: Variable, en función da modalidade (ver calendario de cursos).
MODALIDADE: Presencial. Pode ser:
- Extensivo: en fins de semana.
- Intensivo: en réxime campamental.
En fins de semana, o prezo inclúe:
· Material comunitario, de actividades e obradoiros, manual e documentación, formadores; transporte dende Vigo, ida e volta ó lugar da acampada e das saídas; alimentación na acampada, tendas de campaña e o material necesario; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C.
No verán, o prezo inclúe:
· Pensión completa; material comunitario, de actividades e obradoiros, manual e documentación, formadores; aloxamento en tendas de campaña, servizos e duchas de auga quente; transporte dende Vigo, ida e volta; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C.
DURACIÓN: 350 h., divididas en dúas fases:
- Fase teórico-prácticas: 200 h.
- Fase de prácticas: 150 h.
DESTINATARIOS:
Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Integradores Sociais, Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Animadores Socioculturais, Profesores de primaria, Monitores de Ludoteca, Monitores de Discapacitados, Técnicos de Xuventude, Técnicos en Xardín de Infancia, Orientadores Educativos, Monitores de comedor escolar, Monitores de actividades extraescolares, Animadores e Técnicos Deportivos, Membros de asociacións vinculadas a este eido, e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema.
REQUISITOS:
- Ter 18 anos;
- Estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos:
a) Graduado en educación secundaria, graduado escolar ou outro equivalente.
b) Técnico auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.
OBXECTIVOS:
- Capacitar ao alumnado para que poida:
a) Detecta-las necesidades de intervención no tempo libre dun grupo reducido de persoas, conectándoo co seu medio.
b) Animar, dinamizar e facilita-lo desenvolvemento dun grupo de persoas.
c) Deseñar, dirixir e executar un obradoiro.
d) Localizar recursos para o desenvolvemento das actividades.
e) Participar nun proxecto de animación xeral, responsabilizándose das tarefas específicas que lle son encomendadas.
TEMARIO OFICIAL DO CURSO DE MONITORES:
Área de psicosocioloxía.
1. Psicoloxía.
1.1. Concepto e campos de aplicación da psicoloxía.
1.2. Psicoloxía evolutiva: estudio das características de cada etapa evolutiva.
1.3. O proceso de socialización. O xogo como elemento socializador.
2. O grupo. Tipoloxía e organización. Dinámica de grupos.
2.1. Roles dun grupo.
2.2. Características fundamentais dos grupos infantís e xuvenís.
2.3. Liderado.
2.4. Técnicas de animación de grupos.
2.5. Técnicas de resolución de conflictos.
2.6. O traballo en equipo.
3. Socioloxía.
3.1. Lecer e tempo libre: características, funcións e modalidades.
3.2. Dimensión no ámbito vital da persoa nas súas diferentes etapas evolutivas.
3.3. Aproximación ó estudio do medio social galego. O medio urbano. O medio rural. Características e posibilidades de actuación.
3.3.1. Educación no tempo libre e inserción na cultura de Galicia.
3.3.2. Coñecementos culturais, xeográficos, folclóricos, socio-políticos e económicos de Galicia.
3.4. Importancia da prevención e asistencia primaria: intervención desde o tempo libre.
Área de educación e tempo libre: metodoloxía educativa.
1. A educación no tempo libre.
2. Conceptos fundamentais da pedagoxía.
3. Necesidades educativas especiais no tempo libre. Inadaptación e marxinación.
4. Bases do proxecto formativo. Principios educativos.
5. Educación de valores.
6. Metodoloxía e programación. Fases na elaboración do programa.
7. O xogo como instrumento didáctico na educación no tempo libre.
8. O educador/a de tempo libre: aspectos psicolóxicos, sociolóxicos e pedagóxicos.
9. A colaboración na escola.
Área de animación. As técnicas.
1. A animación: concepto e uso da animación no tempo libre.
2. O xogo. Tipoloxía de xogos.
3. Seráns e lumes de acampada.
4. Introducción ás técnicas de expresión e comunicación.
4.1. Expresión literaria.
4.2. Expresión musical.
4.3. Expresión dramática: corporal e oral.
4.4. Expresión plástica.
4.5. Medios audiovisuais.
4.6. Animación deportiva.
Área de educación ambiental e natureza.
1. Introducción á educación ambiental.
1.1. O concepto de medio e natureza.
1.2. Problemática e alternativas.
1.3. Medio e natureza en Galicia.
1.4. Bases para o estudio de itinerarios nos ecosistemas galegos, con especial atención ós propios dos itinerarios elixidos para o curso. Utilización didáctica deles.
1.5. Os itinerarios de interpretación ambiental na práctica.
1.6. Xogos de educación ambiental.
2. Técnicas de campismo e excursionismo.
2.1. A marcha.
2.2. Orientación. Xogos de orientación.
2.3. Introducción á meteoroloxía.
2.4. Topografía e cartografía.
2.5. Técnicas de acampada.
Área de educación para a saúde.
1. A hixiene e a sanidade nas actividades de tempo libre.
2. Aspectos sanitarios nas actividades de tempo libre.
3. Prevención das drogodependencias.
4. Socorrismo e primeiros auxilios.
5. Alimentación e nutrición.
6. Sexualidade.
7. Seguridade e hixiene.
Área de organización e recursos.
1. Lexislación.
1.1. As escolas e titulacións de tempo libre.
1.2. Responsabilidade civil do monitor. Seguros.
1.3. Asociacionismo xuvenil.
1.3.1. Constitución e legalización.
1.3.2. Estatutos.
1.3.3. Tipos de asociacións e rexistros.
2. Recursos e axudas.
2.1. Recursos e axudas públicas. Subvencións, convenios e protocolos: tipos e tramitación.
2.2. Recursos e axudas privadas.
2.3. Recursos socioculturais: patrimonio histórico-etnolóxico, artístico-folclórico.
3. Redes de información xuvenil.
3.1. Centros e puntos de información.
3.2. Revistas, boletíns e publicacións.
3.3. O informador xuvenil (características, formación).
3.4. Dinamización da información.
CURSOS OFICIAIS DE SEGUNDO NIVEL:
CURSO DE DIRECTOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE:
PREZO: 225 euros (con Carné Xove).
250 euros (sen Carné Xove)
Inclúe: material comunitario, de actividades e obradoiros, documentación, formadores; transporte dende Vigo, ida e volta ó lugar de acampada ou saídas; alimentación na acampada, tendas de campaña e o material necesario; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C.).
MODALIDADE: Presencial. Habitualmente, en fins de semana.
DURACIÓN: 300 h., distribuídas en dúas fases:
- Fase teórico-práctica: 150 h.
- Fase de prácticas: 150 h.
DESTINATARIOS:
Monitores de actividades de tempo libre, que ademais poden ser: Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Integradores Sociais, Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Animadores Socioculturais, Profesores de primaria, Monitores de Ludoteca, Monitores de Discapacitados, Técnicos de Xuventude, Técnicos en Xardín de Infancia, Orientadores Educativos, Monitores de comedor escolar, Monitores de actividades extraescolares, Animadores e Técnicos Deportivos, Membros de asociacións vinculadas a este eido, e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema.
REQUISITOS:
a) Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
b) Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
c) Acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.
OBXECTIVOS:
- Capacitar ao alumnado para que poida:
a) Detecta-las necesidades de intervención en grupos con características específicas.
b) Dirixir, executar e avaliar accións de animación.
c) Localizar e xerar recursos para o desenvolvemento da intervención programada.
d) Coordina-lo equipo de monitores ou especialistas que colaboren no programa.
e) Participar nun equipo multidisciplinar que desenvolva unha actividade a grande escala.
TEMARIO:
1. Área de psicosocioloxía:
1.1. Dirección de equipos e liderado.
1.1.1. O perfil do/a director/a de actividades de tempo libre.
1.1.2. A dirección dun equipo de traballo.
1.1.2.1. O/A director/a como líder. Distintos modelos de dirección.
1.1.2.2. A dinámica do liderato. Desenvolvemento de xuntanzas de equipo.
1.1.3. O equipo como base da intervención. Animación e dinámica dos equipos.
1.1.3.1. Estructura, evolución e roles.
1.1.3.2. Elementos estructurais dos equipos: obxectivos, cohesión, normas.
1.1.3.3. As etapas de evolución dos equipos.
1.1.3.4. Dificultades e conflictos. Estratexias de resolución.
1.1.4. A comunicación interpersoal.
1.2. Análise de realidades sociais.
1.2.1. Técnicas básicas de intervención social.
1.2.2. Fundamentos sociolóxicos do ocio e do tempo libre.
1.2.3. Os ámbitos de intervención.
1.2.3.1. Rural e urbano.
1.2.3.2. Infancia, mocidade, adultos, vellez.
1.2.3.3. Sectores sociais: muller, marxinados, desempregados.
1.2.3.4. Intervención en espacios concretos: concellos, barrios, parroquias, institucións públicas, entidades privadas e/ou asociacións.
1.2.4. Asociacionismo e participación na sociedade civil. O papel do voluntariado e do profesional.
2. Área de intervención educativa:
2.1. As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
2.2. A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
2.3. Educación en valores: o ideario educativo.
2.4. Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
2.5. Asociacións como espazo educativo.
3. Área de xestión:
3.1. Planificación e deseños de proxectos de intervención. Elementos básicos.
3.1.1. Análise da realidade. Avaliación inicial.
3.1.2. Obxectivos e prioridades.
3.1.3. Actividades e estratexias de acción.
3.1.4. Temporalización: planings e cronogramas.
3.1.5. Recursos humanos e materiais.
3.1.6. Orzamentos.
3.1.7. Avaliación e seguimento.
3.2. Estratexias de xestión.
3.3. Organización e modelos organizativos.
3.4. Administración, xerencia e xestión económica.
3.4.1. Plan contable.
3.4.2. IVE e outros impostos.
3.4.3. Captación de recursos. O patrocinio, subvencións e convenios.
3.4.4. Confección de orzamentos.
3.4.5. Xerencia.
3.4.6. Intendencia.
3.5. Lexislación.
3.5.1. Lexislación sobre asociacionismo.
3.5.2. As personalidades físicas e xurídicas.
3.5.3. Estructuras supraasociativas.
3.5.4. Lexislación relativa ás actividades de tempo libre.
3.5.4.1. Responsabilidade civil e penal.
3.5.4.2. Normas sanitarias, permisos.
3.5.4.3. Seguros de responsabilidade.
3.6. Políticas e recursos institucionais.
3.6.1. Infancia e xuventude.
3.6.2. Vellez.
3.6.3. Muller.
3.6.4. Minusválidos.
3.6.5. Marxinación social.
3.6.6. Cooperación internacional.
CURSO DE DIRECTOR DE CAMPOS DE TRABALLO:
PREZO: 75 euros (con Carné Xove)
90 euros (sen Carné Xove)
Inclúe: material comunitario, de actividades e obradoiros, documentación, formadores; transporte dende Vigo, ida e volta ó lugar de acampada ou saídas; alimentación na acampada, tendas de campaña e o material necesario; seguemento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, e tramitación do título; seguro de R.C.).
MODALIDADE: Presencial. Habitualmente, en fins de semana.
DURACIÓN: 50 h., máis 14 días, distribuídas así:
- Fase teórico-práctica: 50 h.
- Fase de prácticas: Constará dun mínimo de 14 días de
actividade como director dun campo de traballo en prácticas.
DESTINATARIOS:
Directores de actividades de tempo libre.
REQUISITOS:
- Estar en posesión do título de director de actividades de tempo libre,
- e ter experiencia como director do equipo de animación de, alomenos, un campamento de 15 días.
OBXECTIVOS:
- Capacitar ao alumnado para que poida:
a) Detecta-las necesidades de intervención en grupos con características específicas.
b) Dirixir, executar e avaliar accións de animación.
c) Localizar e xerar recursos para o desenvolvemento da intervención programada.
d) Coordina-lo equipo de monitores ou especialistas que colaboren no programa.
e) Participar nun equipo multidisciplinar que desenvolva unha actividade a grande escala.
TEMARIO:
1. Características xerais que definen un campo de traballo como marco de relación e comunicación para os rapaces participantes.
2. As administracións e as entidades organizadoras. Acordos de cooperación.
3. Tipoloxías de campos de traballo e aprendizaxe:
3.1. Patrimonio arquitectónico.
3.2. Arqueoloxía.
3.3. Protección da natureza.
3.4. Acción comunitaria.
3.5. Coñecementos sobre o país ou comunidade.
3.6. Outros (técnicas específicas. Agricultura, gandería e pesca).
4. O traballo técnico. Horarios, recursos, material e ferramentas de traballo. Material específico.
5. Persoal e tarefas.
5.1. Equipo de monitores (director, monitor, cociña).
5.2. O equipo técnico.
6. O aloxamento.
7. Os participantes e as súas necesidades.
7.1. Funcionamento diario, marco normativo, de convivencia e práctico.
7.2. Actividades alternativas e complementarias.
8. Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Criterios de selección das diferentes propostas:
9.1. Traballo adecuado ós rapaces e que lles sexa gratificante.
9.2. Interese que demostra a entidade que propón o campo de traballo. Quendas.
9.3. Existencia ou non dun proxecto global onde se inclúa o campo.
9.4. Dispoñibilidade de infraestructuras adecuadas para o campo.
CURSOS MONOGRÁFICOS E DE ESPECIALIDADES
Animación para a 3ª idade
PREZO: 120 Euros.
Inclúe: material e documentación necesaria, formadores e titores persoais on-line, supervisión das prácticas, e certificación do título acreditativo.
MODALIDADES: Semipresencial, “on-line”.
DURACIÓN: 100 h., distribuídas así: - 20 h. presenciais
- 50 h. on-line
- 30 h. de prácticas
OBXECTIVOS:
- Potenciar coñecementos e habilidades que axuden a mellora-las condicións de vida da terceira idade.
· Favorece-la rehabilitación das persoas maiores mediante distintos tipos de actividades
· Fomenta-la participación dos maiores en actividades diversas.
DESTINATARIOS: Monitores de actividades de tempo libre, Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Integradores Sociais, Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Animadores Socioculturais, Profesores de primaria, Monitores de Ludoteca, Monitores de Discapacitados, Técnicos de Xuventude, Técnicos en Xardín de Infancia, Orientadores Educativos, Monitores de comedor escolar, Monitores de actividades extraescolares, Animadores e Técnicos Deportivos, Membros de asociacións vinculadas a este eido, Enfermeiros, Auxiliares de Clínica..., e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema.
REQUISITOS: - Ser maior de idade
TEMARIO:
1.- A realidade social e as características psicosociais dos maiores.
1.1.- Mitos sobre a terceira idade
1.2.- Características psicosociais da vellez.
1.3.- A situación dos maiores na sociedade actual.
2.- Introducción ao traballo do monitor coas persoas maiores.
2.1.- Achegamento á animación sociocultural
2.2.- Funcións do monitor na animación xeriátrica
2.3.- Capacidades do monitor (o ser, o saber, e o saber facer)
2.4.- Ámbito de actuación do monitor da terceira idade: Centros,
residencias, e organismos públicos.
3.- As actividades físicas de mantemento na terceira idade.
3.1.- Necesidades de mantemento físico dos maiores
3.2.- A percepción sensorial e o seu deterioro ligado á idade.
3.3.- Coñecer os exercicios físicos adecuados á práctica con maiores.
4.- As actividades cognitivas de mantemento na terceira idade.
4.1.- Exercicios de memoria
4.2.- Grupos de fala.
4.3.- Ejercicios de atención e concentración.
5.- Actividades de expresión corporal, artística e musical.
5.1.- Coñecer as distintas ferramentas de baile e música, e o seu uso
axeitado para os maiores.
6.- Actividades e obradoiros.
6.1.- Expresión corporal
6.2.- Xogos de teatro
6.3.- Bailes de Salón
6.4.- Danzas de animación, do mundo
6.5.- Obradoiros de risoterapia
6.6.- Xogos tradicionais e xogos cooperativos
6.7.- Elaboración dun programa lúdico-educativo específico
Monitor Especialista en técnicas de aire libre
PREZO: 90 Euros.
Inclúe: material comunitario, de actividades e obradoiros, documentación, formadores; transporte dende Vigo, ida e volta ó lugar de acampada ou saídas; alimentación na acampada, tendas de campaña e o material necesario; seguemento das prácticas, certificación do título acreditativo; e seguro de R.C.).
MODALIDADE: Semipresencial.
DURACIÓN: 100 h., distribuídas así: - 50 h. presenciais
- 30 h. on –line
- 20 h. de prácticas
OBXECTIVOS:
- Adquirir os coñecementos básicos e as destrezas necesarias, para exercer como Monitor en Actividades de Aire Libre.
DESTINATARIOS: - Monitores de actividades de tempo libre que estean traballando en actividades de aventura ou lles interese completar a súa formación neste eido, e ademais, Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Integradores Sociais, Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Animadores Socioculturais, Profesores de primaria, Monitores de Ludoteca, Monitores de Discapacitados, Técnicos de Xuventude, Técnicos en Xardín de Infancia, Orientadores Educativos, Monitores de comedor escolar, Monitores de actividades extraescolares, Animadores e Técnicos Deportivos, Membros de entidades vinculadas a este eido, e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema.
REQUISITOS: - Ser Monitor de actividades de tempo libre.
TEMARIO:
1. Materiais: manexo, tratamento e conservación.
1.1. A tenda de acampar.
1.2. A mochila.
1.3. O saco de durmir.
1.4. Sistemas de iluminación.
1.5. Ferramentas.
1.6. A madeira e a corda.
1.7. Outros.
2. Urbanismo dun campamento.
2.1. Elección de lugar. Permisos.
2.2. Lugar das instalacións.
2.3. Construccións.
2.3.1. Bivaques.
2.3.2. Cociñas. Os lumes.
2.3.3. Retretes e eliminación de desperdicios.
2.3.4. Mesas, bancos e colgadores.
2.3.5. Elementos decorativos.
2.3.6. Tiroliñas e outros traballos con cordas.
2.3.7. Outros.
3. Nocións básicas de meteoroloxía.
4. Primeiros auxilios.
4.1. Feridas, fracturas e outros traumatismos.
4.2. Lesións por exceso ou defecto de calor.
4.3. Alteracións do sistema nervioso.
4.4. Traslado de lesionados.
4.5. O botiquín.
5. Actividades.
5.1. Marchas.
5.2. Orientación.
5.3. Xogos ó aire libre.
5.3.1. Con balón.
5.3.2. Na praia.
5.3.3. Grandes xogos.
5.3.4. Outros.
Monitor Especialista en educación ambiental
PREZO: 90 Euros.
Inclúe: material comunitario, de actividades e obradoiros, documentación, formadores; transporte dende Vigo, ida e volta ó lugar de acampada ou saídas; alimentación na acampada, tendas de campaña e o material necesario; seguemento das prácticas, certificación do título acreditativo; e seguro de R.C.).
MODALIDADE: Semipresencial.
DURACIÓN: 100 h., distribuídas así: - 50 h. presenciais
- 30 h. on –line
- 20 h. de prácticas
OBXECTIVOS:
- Adquirir os coñecementos básicos e as destrezas necesarias, para exercer como Monitor en Actividades de Medio Ambiente.
DESTINATARIOS: - Monitores de actividades de tempo libre que estean traballando en aulas de natureza, granxas-escolas ou lles interese completar a súa formación neste eido, e ademais, Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Integradores Sociais, Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Animadores Socioculturais, Profesores de primaria, Monitores de Ludoteca, Monitores de Discapacitados, Técnicos de Xuventude, Técnicos en Xardín de Infancia, Orientadores Educativos, Monitores de comedor escolar, Monitores de actividades extraescolares, Animadores e Técnicos Deportivos, Membros de entidades vinculadas a este eido, e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema.
REQUISITOS: - Ser Monitor de actividades de tempo libre.
TEMARIO:
1. Introducción:
1.1. Historia do naturalismo.
1.2. Historia da ecoloxía.
1.3. Historia do ecoloxismo.
1.4. A educación ambiental.
1.4.1. Orixe.
1.4.2. Obxectivos.
1.4.3. Fundamentos.
2. Organización das actividades relacionadas co medio ambiente:
2.1. Rendibilidade ecolóxica das actividades.
2.2. Valoración do impacto ecolóxico (social e estético) das actividades:
2.2.1. Residuos.
2.2.2. Enerxía.
2.2.3. Alimentos.
2.2.4. Transportes.
2.2.5. Saúde.
2.2.6. Materiais.
2.2.7. Número de participantes.
2.3. Código moral do comportamento:
2.3.1. Natureza.
2.3.2. Medio humanizado.
3. Natureza:
3.1. Estudio do ecosistema mariño e litoral.
3.1.1. Medio físico.
3.1.2. Medio biótico (vexetación e fauna).
3.1.3. Problemática ecolóxica.
3.1.4. Alternativas e solucións.
3.1.5. Actividades didácticas e xogos.
3.2. Estudio do bosque autóctono e alóctono:
3.2.1. Medio físico.
3.2.2. Medio biótico (vexetación e fauna).
3.2.3. Problemática ecolóxica.
3.2.4. Alternativas e solucións.
3.2.5. Actividades didácticas e xogos.
3.3. Estudio das ribeiras e lagoas (zonas húmidas).
3.3.1. Medio físico.
3.3.2. Medio biótico (vexetación e fauna).
3.3.3. Problemática ecolóxica.
3.3.4. Alternativas e solucións.
3.3.5. Actividades didácticas e xogos.
4. Estudio do ambiente humanizado: urbano e rural
4.1. Ordenación do territorio: adecuación ó medio e do medio.
4.2. Medio biótico.
4.3. Patrimonio socio-cultural (historia, arte, lingua).
4.4. Medios de producción.
4.5. Problemática.
4.6. Alternativas e solucións.
4.7. Actividades didácticas e xogos.
5. Estudio integrado dos ecosistemas:
5.1. Problemas ecolóxicos de dimensións globais.
5.1.1. Contaminación.
5.1.2. Desenvolvemento incontrolado.
5.1.3. Enerxías renovables e non renovables.
5.1.4. Desequilibrio norte-sur.
5.1.5. Explosión demográfica.
5.2. Alternativas e solucións.
5.3. Actividades didácticas e xogos.
6. O xogo como ferramenta didáctica na educación ambiental:
6.1. Xogos de simulación.
6.2. Xogos de natureza.
6.3. Xogos cooperativos.
7. Dereito ambiental:
7.1. Lexislación.
7.2. Aplicación práctica.
8. Compendio práctico do curso por medio dun itinerario de interpretación ambiental: ruta ecolóxico-cultural.
Monitor de Ludoteca e Centro de Ocio Infantil
PREZO: 70 Euros.
Inclúe: material e documentación necesaria, formadores e titores persoais on-line, e certificación do título acreditativo.
MODALIDADE: “On-line”.
DURACIÓN: 100 h.
OBXECTIVOS:
- Saber que é unha ludoteca e coñecer a súa evolución histórica e social.
- Coñecer a metodoloxía empregada nas ludotecas.
- Establecer as relacións esenciais entre xogos, xoguetes e a pedagoxía.
- Dotar dos coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para traballar como monitor de ludoteca.
DESTINATARIOS: Monitores de actividades de tempo libre, Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Integradores Sociais, Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Animadores Socioculturais, Profesores de infantil e de primaria, Monitores de Discapacitados, Técnicos de Xuventude, Técnicos en Xardín de Infancia, Orientadores Educativos, Monitores de comedor escolar, Monitores de actividades extraescolares, Animadores e Técnicos Deportivos, Membros de entidades vinculadas a este eido, e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema.
REQUISITOS: - Ser maior de idade
TEMARIO:
1: AS LUDOTECAS
1.1.- Concepto de ludoteca.
1.2.- Tipos de ludotecas.
1.3.- Función sociocultural da ludoteca.
1.4.- Historia das ludotecas.
2: ORGANIZACIÓN
2.1.- Metodoloxía e modelos de ludotecas.
2.2.- Organización do espazo: instalacións e mobiliario.
2.3.- Agrupamentos dos participantes
2.4.- Os rincóns educativos como estratexia organizativa e didáctica.
3: ACTIVIDADES
3.1.- O xogo: teorías, tipoloxías.
3.2.- Actividades nos rincóns educativos.
3.3.- Os obradoiros educativos: concepto e tipoloxías.
3.4.- Os xoguetes e a súa clasificación.
4: O MONITOR DE LUDOTECA.
4.1.- Perfil.
4.2.- Funcións.
4.3.- Habilidades.
Xestión básica de asociacións
PREZO: 90 Euros.
Inclúe: material e documentación necesaria, formadores e titores persoais on-line, e certificación do título acreditativo.
MODALIDADE: “On-line”.
DURACIÓN: 80 h.
OBXECTIVOS:
DESTINATARIOS: - Xestores, administrativos, membros da xunta directiva de entidades sen ánimo de lucro, e ademais, Monitores de actividades de tempo libre, Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Integradores Sociais, Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Animadores Socioculturais, Profesores de primaria, Monitores de Ludoteca, Monitores de Discapacitados, Técnicos de Xuventude, Técnicos en Xardín de Infancia, Orientadores Educativos, Monitores de comedor escolar, Monitores de actividades extraescolares, Animadores e Técnicos Deportivos, e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema.
REQUISITOS: - Ser maior de idade
TEMARIO:
OUTRO TIPO DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE:
Organizamos xornadas de animación, obradoiros (globoflexia maquillaxe de fantasía, xogos populares...), acampadas, campamentos, roteiros, visitas culturais, excursións...